xoves 16.07.2020

As bandas de rock en galego contan cun novo concurso, o Novo Cruceiro Rock

Poden participar bandas emerxentes e tamén consolidadas. Rock en galego é o único requisito para participar no I Concurso de bandas en galego, Novo Cruceiro Rock. O prazo remata o 31 de marzo. 

RUXERUXE
RUXERUXE

O Novo Cruceiro Rock leva sete anos como festival que ten como obxectivo a promoción da música en galego. Bandas como Zënzar, Ruxe Ruxe, Invivo ou Familia Caamagno formaron parte do seu programa que na edición deste ano bota a andar unha nova iniciativa, o I Concurso de bandas en galego. 

Poderán participar tanto bandas emerxentes como consolidadas e a gañadora pechará o cartel do 7º Novo Cruceiro Rock que terá lugar no mes de agosto. Para se anotar na competición cómpre enviar tres temas orixinais cantados en galego (piden, a ser posíbel, enlace de bandcamp ou similar) cunha foto do grupo e unha pequena biografía ao correo [email protected] Só entrarán en concurso, advirten, traballos que sexan rock e variantes. 

Catro bandas escollidas polo xurado participaran nunha fase final que consistirá nunha actuación xa ao vivo o día 1 de maio en Vila de Cruces. Serán protagonistas dun concerto de 40 minutos no que terán que “convencer ao público e ao resto do xurado” para converterse en gañadora e formar parte do programa do festival Novo Cruceiro Rock que terá lugar o 7 de agosto. Ademais do premio de ser banda convidada en Vila de Cruces terán un premio en metálico de 300 €. 

comentarios