Ana Bacalhau e Andrea Motis, as dúas novas confirmacións para o San Froilán 2022

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello lugués, foi a encargada de anunciar a confirmación destas dúas artistas.
A artistas portuguesa, Ana Bacalhau (Foto: Ana Bacalhau).
photo_camera A artistas portuguesa, Ana Bacalhau (Foto: Ana Bacalhau).

A portuguesa Ana Bacalhau e a catalá Andrea Motis foron confirmadas como as dúas novas confirmacións para a edición de 2022 do San Froilán, en Lugo.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello lugués, foi a encargada de anunciar a confirmación destas dúas artistas.

Ana Bacalhau

A respecto das propias artistas, Ana Bacalhau naceu en 1978. Ela quería ser profesora de portugués e inglés mais as leccións de guitarra levárona a descubrir a súa voz e unhas ganas de facer música que nunca a abandoaron.

A primera banda de que formou parte chamouse Lupanar. Naceu en 2001, dunha idea conxunta de Gonçalo Tocha e Dídio Pestana de facer música en portugués, explorando sons, palabras e xéneros musicais sen "restricións nin barreiras".

Alí coñeceu Zé Pedro Leitão, baixista, con quen formou o trío de jazz Tricotismo, en 2005, onde exploraron xuntos o seu gusto polo jazz e o blues. Bacaclhau debutou nun escenario en solitario en decembro de 2013, co proxecto 15, cantando algunhas das cancións que máis a marcaron dende os 15 anos. Agora cumpre un desexo de hai moito tempo: lanzar o seu primeiro álbum en solitario. Nome Próprio co que está a xirar na actualidade.

Andrea Motis

Andrea Motis, natural de Barcelona é unha trompetista, saxofonista e cantante. Formouse musicalmente, a partir dos 7 anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, como trompetista primeiro e saxofonista despois. En 2007, con só 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro quen a descubriu artisticamente e con quen gravou oito discos.

Chega a Lugo a presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip ho pe incluso achégase á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador.

Comentarios