Silleda lembra a memoria de Ramón de Valenzuela da man de Sermos Galiza

O suplemento A Fondo adicado ao escritor exiliado reuniu a decenas de persoas na Casa da Cultura, onde varios expertos intercambiaron opinións sobre o monográfico e a figura á que está dedicado. Podes facerte aquí con este número do A Fondo.

silledaII-crop
photo_camera Público na charla.


Decenas de persoas acudiron este sábado á biblioteca da Casa da Cultura de Silleda, onde Sermos Galiza presentou o caderno monográfico A Fondo dedicado a Ramón Valenzuela, escritor exiliado,   pioneiro na literatura da memoria histórica e que loitou contra o fascismo na Guerra Civil e Mundial, padecendo a persecución franquista . 

Falaron sobre a súa figura Xoán Carlos Garrido, Matías R. Datorre, Manuel Igrexas, Cristina Collazo, Alexandre Breijo e Anabel Gulías, nunha mesa que tamén serviu para presentar o proxecto xornalístico que representa Sermos Galiza

Así mesmo, esta terza feira (18 de novembro), Sermos presentará o seu caderno sobre a sexualidade feminina alén tabús da man da súa coordenadora, María Lameiras, profesora titular de psicoloxía clínica na Universidade de Vigo, e da xornalista, Olalla Rodil. Será ás 20:00 horas no Liceo de Ourense.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios