#sermos122: urnas en Catalunya, búnker na Moncloa

O 9N, o decreto de especialidades, entrevista a Vari Caramés...e moito máis neste semanario. Xa o podes adquirir na nosa loxa.

capaSG122

 

Sermos Galiza chega ao número 122. O 9N e o ciclo que se abre agora en Catalunya centran o tema da semana. Falamos con organizacións políticas catalás, plataformas cívicas, galegos en Catalunya e cataláns en Galiza... para ter boa conta do que está a ferver nun país que está a construír o seu propio futuro.

Tamén analizamos o decreto de especialidades que propón o Ministerio español para desenvolver a LOMCE, que desespecializa as aulas e atenta contra os dereitos laborais do profesorado.

En deportes coñecemos o Universitario Ferrol, o soño daquelas nais do 97. O clube departamental é o único galego na máxima categoría do baloncesto español.

En ‘Uns tests para estresarse’ falamos das necesidades de capital para o conxunto do sistema financeiro europeo poderían achegarse ao medio billón de euros.

Cándido Pazó regresa ao teatro infantil 25 anos despois. Contamos todos os detalles neste número. E tamén falamos de Fran P. Lorenzo, gañador do Blanco Amor coa novela ‘Cabalos e Lobos’.

Entrevistamos a Vari Camarés, fotógrafo que fai unha exposición vintage nunha galería de Vigo. E outra entrevista é a J. Carretero, de San Martiño de Trebello (Cáceres), un estremeño namorado dunha fala diferente.En Viaxes na Miña Terra imos até a Serra do Xistral

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios