O CADERNO CHEGA AO NÚMERO 100

Propón o teu A Fondo

Esta semana celebramos a chegada aos cen números do A Fondo, e quixemos facelo convidándovos a enviarnos as túas propostas. O A Fondo 100, xa na loxa dixital.

a fondo 340 500

Escríbenos e dinos que temas che gustaría ver tratados en vindeiros A Fondo. Podes facelo ben poñéndote en contacto con nós no mail [email protected] ou a través das nosas redes sociais, empregando a etiqueta #afondo100+.

Ao longo destes cen primeiros números, foron abordados un amplo abano de temas, dende as panorámicas ao redor dos diversos ámbitos creativos do país que encheron varios dos nosos caderniños até as análises verbo dos efectos dos recortes do estado de benestar nas diferentes esferas do público.

Cuestións como as reivindicacións feministas, a recuperación da memoria histórica, a situación dos sectores produtivos do país ou dos dereitos e liberdades teñen sido constantes vitais nestes dous primeiros anos de recorrido. Mais a pluralidade de temas abordados non remata aquí e abrangue os más diversos aspectos da realidade do país ou dende o país. Movementos sociais, cultura, novas tecnoloxías, deportes, economía, saúde, educación, internacional… ou calquera outro ámbito que consideres de interese pode formar parte da túa proposta.

O contacto co tecido social

O A Fondo, o caderno de análise de Sermos Galiza, procura a análise en profundidade da actualidade. O contacto con movementos sociais, co tecido cívico e con fontes expertas é un dos piares do suplemento. Se queres saber máis ao redor das temáticas abordadas ao longo deste cento de número e do camiño percorrido poderás facelo no número especial en que convertemos, esta semana, o A Fondo 100.

Co gallo da chegada ao número 100 do A Fondo, poñemos á venda a colección completa, que poderás conseguir por 50 euros. Ademais, Sermos Galiza estrea a campaña  100%, no que, a cambio dunha doazón de 100 euros, poderás facerte coa compilación.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios