Suspendida a segunda xornada do 'Festival de la Luz'

A organización comunicou a suspensión da xornada de hoxe polas condicións meteorolóxicas. Confirman que haberá unha segunda edición en 2013.
Cartaz Festival de Luz en Boimorto
photo_camera Cartaz Festival de Luz en Boimorto

Despois da extraordinaria xornada vivida onte sábado, a organización do 'Festival de la Luz' vese hoxe na obriga de suspender o segundo día de actividades. "A razón é a alerta laranxa que a Dirección Xeral de Emerxencias mantén a esta hora (14:00 h) para toda Galiza até as 20:00 h da tarde, con rachas de vento de 90/100 km", sinalan nun breve comunicado. "Lamentamos moito ter que dar esta noticia, pero cremos que é a decisión máis responsábel pensando na seguridade do público de todas as idades que nos acompañou onte e ao que lle gustaría acompañarnos hoxe outra vez".

A organización agradece a participación do público e confirman que haberá unha segunda edición en 2013.

Máis en Ao vivo
Comentarios