A Tradescola celebra o IV Fin de curso cun concerto

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as actividades de peche ao curso 2011/12 da Escola de Música Tradicional de Lugo. Máis de 3.000 persoas participaron nas súas actividades desde os seus inicios.
Tradescola de Lugo
photo_camera Tradescola de Lugo

A Asociación de Gaiteiros Galegos obtivo un balance moi positivo do que foi o cuarto ano de vida da Tradescola, un curso no que se formaron máis de 220 alumnos nas distintas especialidades. Desde os inicios da Tradescola máis de 3.000 persoas puideran asistir a conferencias, exposicións, concertos, obradoiros, actuacións, actividades e aos distintos monográficos realizados pola mesma en distintas comarcas da provincia, unha cifra importante tendo en conta que este é o cuarto ano de funcionamento do proxecto.

Desde o inicio da Tradescola participaron máis 3.000 persoas

Equipo docente
O equipo docente estivo formado por 9 mestres do eido da música tradicional, que impartiron as aulas das distintas especialidades. Son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal.

Actividades
No último semestre, a Tradescola organizou xornadas de música tradicional no Nadal e no Entroido, impartiu un curso de construción de palletas e pallóns, organizou nas súas instalacións un concerto co gaiteiro Agustín Sánchez e o grupo 'Farrapos de Gaita', impartiu obradoiros de canto e baile abertos a toda a cidadanía co gallo da Festa das Letras, actuou na Feira do Libro de Lugo, organizou as xornadas sobre as tradicións nos Ancares, con charlas, obradoiros e cunha visita a Piornedo, achegou a nosa música aos concellos de Viveiro, a Pobra do Brollón e Pastoriza, a través de cursos e concertos didácticos para escolares.

Máis en Ao vivo
Comentarios