Zelenski destitúe Zaluzhni, que lideraba até o de agora as Forzas Armadas de Ucraína

Despois de multiplicarse nos últimos días os rumores ao respecto, o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, resolveu hoxe destituír Valeri Zaluzhni, que encabezaba as Forzas Armadas do país eslavo, e que foi substituído por Oleksander Sirskii, que lideraba as forzas terrestres. Zelenski e o xa ex responsábel do Exército tiveron varios choques a partir do fracaso da contraofensiva militar ucraína do pasado ano.

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, e Valeri Zaluzhni. (Foto: Presidencia de Ucraína)
photo_camera O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, e Valeri Zaluzhni. (Foto: Presidencia de Ucraína)
Comentarios