A Xunta activa o plan Inungal ante o risco de desbordamento no río Mandeo, en Aranga

A Xunta da Galiza vén de activar o Plan Inungal ante o risco de desbordamento nos ríos. En concreto, está baixo vixilancia, en nivel amarelo —fase de preemerxencia—, o Mandeo, en Aranga (As Mariñas). Tendo en conta a previsión meteorolóxica, a Xunta decidiu na tarde-noite desta cuarta feira activar o citado plan tras analizar os valores actuais proporcionados polos organismos de conca e relativos ás distintas estacións de capacidade.
O desbordamento do río Tea provocou inundacións en Mondariz hai apenas catro días. (Foto: Europa Press)
photo_camera O desbordamento do río Tea provocou inundacións en Mondariz hai apenas catro días. (Foto: Europa Press)
Comentarios