A XEC amplía até hoxe o prazo para votar por correo nas eleccións de Castro Caldelas

A Xunta Electoral Central (JEC) ampliou até esta sexta feira, 24 de novembro, o prazo para o depósito do voto por correo para as eleccións locais parciais que terán lugar este domingo en localidades nas que non se proclamou ningunha candidatura nas municipais do pasado 28 de maio ou se declarou a nulidade total ou parcial do resultado deses comicios. É o caso do concello galego de Castro Caldelas. Repite o domingo 26 de novembro as eleccións municipais, tal e como decretou a xunta electoral ao estimar que se rompeu a custodia e que non se contabilizaron un total de 118 votos por correo.

 

Papeletas nun colexio electoral de Mos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Papeletas nun colexio electoral.
Comentarios