As viaxes de Colazo chegan a Compostela

O espazo enocultural Vide, Vide! de Santiago de Compostela acolleu esta quinta feira, 2 de novembro, a presentación do libro 112 viaxes na miña terra de Xoán Colazo editado por Sermos Galiza S.A. No acto, organizado pola Agrupación Cultural O Galo, interveu, ademais do autor, o economista Aleixo Vilas. Logo das súas intervencións, decorreu un coloquio e a proxección dun audiovisual que recolleu imaxes de parte dos sitios referenciados na monografía e que explicitou a idiosincrasia da xeografía da Galiza. O libro de Colazo, que leva anos percorrendo a Galiza, busca incitar á viaxe polo país, dándolle visibilidade a lugares que non aparecen noutros libros de viaxe. O autor reflexiona sobre a xeografía física e humana galega, profundamente transformada e agora, a través desta obra, convídanos a revivir esas "andainas polas derradeiras paraxes galegas descoñecidas".

Asistentes á presentación do libro de Xoán Colazo, esta quinta feira no Vide, Vide! (Foto: Nós Diario)
photo_camera Asistentes á presentación do libro de Xoán Colazo, esta quinta feira no Vide, Vide! (Foto: Nós Diario)
Comentarios