A UVigo rende homenaxe a Fernández del Riego, o seu primeiro doutor honoris causa

O edificio Miralles do campus universitario de Vigo acolleu esta segunda feira un acto de homenaxe ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se recoñece con motivo do Día das Letras Galegas. No devandito acto participaron, entre outras autoridades, o reitor Manuel Reigosa; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a profesora emérita María Vitoria Carballo-Calero (que foi madriña de 'don Paco' o día da súa investidura como honoris causa), ou familiares do escritor.

Acto de homenaxe a Francisco Fernández del Riego da UVigo (Foto: UVigo).
photo_camera Acto de homenaxe a Francisco Fernández del Riego da UVigo (Foto: UVigo).
Comentarios