Urbanismo aclara que a Lei do Solo prevalece en solo rústico sobre a normativa municipal

A Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo aclarou esta terza feira que a Lei do Solo da Galiza prevalece sobre as determinacións dos plans urbanísticos municipais en solo rústico. Segundo explicou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Ribas, o réxime para o chan rústico é o da Lei do Solo, e non se poden aplicar limitacións maiores nos instrumentos de plan urbanístico municipal.
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Ribas (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Ribas (Foto: Xunta da Galiza).
Comentarios