Rueda chama a aproveitar “con sentidiño” as oportunidades para prosperar na Galiza

O presidente da Xunta da Galiza, Afonso Rueda, chamou nas súas redes sociais a aproveitar “con sentidiño” as oportunidades para prosperar na Galiza. O líder do PP na Galiza, que non participou en ningunha das manifestacións convocadas polo Día Internacional da Clase Traballadora pero si na coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra), afirmou que a Galiza “ten potencial para seguir crecendo e creando cada vez máis postos de traballo de calidade”.  

Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza, na procesión da coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra). (Foto: Nós Diario)
photo_camera Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza, na procesión da coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra). (Foto: Nós Diario)
Comentarios