Rescatadas tres persoas en Porto do Son após envorcar a lancha na que navegaban

Tres persoas foron rescatadas esta segunda feira no Concello de Porto do Son (comarca de Noia) após envorcar a lancha na que navegaban. Segundo explicou o 112, os rescatados atopábanse sobre a quilla da lancha que envorcou na Basoña. Ningún resultou ferido e, de feito, foi a chamada dun dos afectados a que facilitou o rescate.No operativo participaron o servizo de Salvamento Marítimo,Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Policía Local.

Efectivos de Gardacostas
photo_camera Embarcacións de Gardacostas (Foto: Xunta da Galiza)
Comentarios