Redacción
22/mar./24 - 16:59
Actualizado: 22/mar./24 - 20:08
Rego exixe ao Goberno estatal que cumpra os compromisos pactados
O deputado do BNG no Congreso español, Néstor Rego, instou esta sexta feira o Goberno estatal a "cumprir" os compromisos pactados con Lugo en materia de infraestruturas e ferroviaria a pesar da súa "decisión unilateral" de prorrogar os orzamentos para evitar que a cidade amurallada "quede marxinada". Rego manifestou o seu convencemento de que a ausencia de orzamentos para 2024 non debe afectar a execución das "cuestións recollidas no acordo de investidura". Fíxoo nunha rolda de prensa acompañado das deputadas parlamentarias do BNG Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e do tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo.