Redondela mobilízanse polo transporte escolar no rural

"Non máis mocidade tirada nas paradas de Redondela". Con este lema, as asociacións de pais e nais de alumnado do municipio chama a veciñanza a concentrarase esta sexta feira, 3 de novembro, –20 horas– diante da Casa do Concello para reclamar transporte escolar para todos os menores que cursan estudos de Infantil, Bacharelato ou ciclos de FP. Segundo denuncian, "non dispoñen de transporte escolar pero tampouco de transporte público" alternativo para que as crianzas poidan acudir puntualmente os seus centros e regresar ás súas casas. As familias das parroquias do rural láianse de que as promesas de "potenciar" a súa contorna non se acompañe de medidas que contribúan á conciliación das familias. "Só temos atrancos. As nenas e nenos dependen dos adultos para chegar ao seu centro".
Estudantes de Carballo con dereito a transporte escolar teñen que ir andando aos centros porque os vehículos van completos. (Foto: Europa Press)
photo_camera Estudantes de Carballo con dereito a transporte escolar teñen que ir andando aos centros porque os vehículos van completos. (Foto: Europa Press)
Comentarios