
Redacción
23/xuño/23 - 15:54
Actualizado: 23/xuño/23 - 15:54
A partir deste sábado, día 24 de xuño, ficarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na Galiza debido ás condicións meteorolóxicas. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios. Isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste próximo sábado. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados ao detalle os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio.