O Constitucional español avala a norma que sanciona o acoso a mulleres diante de clínicas abortivas

O Tribunal Constitucional do Estado español comunicou a cuarta feira que desestimou o recurso da ultraespañolista Vox contra a reforma do Código Penal que penaliza con até un ano de prisión o acoso ás mulleres que asisten a clínicas para interromper voluntariamente o seu embarazo, aprobada en 2022 no Congreso co voto en contra do Partido Popular (PP) e Vox, que insistiu en que vulnera a liberdade ideolóxica e relixiosa.

Manifestación antiabortista diante dunha clínica en Madrid. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
photo_camera Manifestación antiabortista diante dunha clínica en Madrid. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Comentarios