O Porriño acollerá os migrantes que ían chegar a Sobrado dos Monxes

O Concello do Porriño acollerá nun albergue do municipio os migrantes procedentes das Canarias que estaba previsto que chegasen a Sobrado dos Monxes (comarca de Melide) esta segunda feira. Fontes precisaron que chegarán á localidade o día 1 de novembro e serán aloxados nun albergue. Esta segunda feira estaba previsto que o Goberno situase no municipio de Sobrado dos Monxes a 40 dos máis de 400 migrantes que ten intención de trasladar á Galiza, pero finalmente descartouse esta opción, entre críticas do alcalde socialista da localidade, Lisardo Santos, que sinalou que o Concello non tivo "ningunha comunicación oficial, nin por parte da Delegación nin do Ministerio, dicindo nin unha cousa nin a outra".

Migrantes chegados a El Hierro, en Canarias, o pasado 23 de outubro. (Foto: Europa Press)
photo_camera Migrantes chegados a El Hierro, en Canarias, o pasado 23 de outubro. (Foto: Europa Press)
Comentarios