Pedro Pui, "encantado" de "botar unha man" a Feixoo no Congreso

O portavoz parlamentario do PP da Galiza, Pedro Pui, mostrouse esta cuarta feira "encantado" de poder "botar unha man" ao líder do Partido Popular a nivel estatal, Alberto Núñez Feixoo, e asegurou que traballará no Congreso "en defensa da Galiza". En declaracións aos medios nos corredores da Cámara galega, logo de coñecerse que concorrerá nas listas do PP ao Congreso como número tres pola circunscrición de Pontevedra, Pui recoñeceu que lle dá "mágoa" deixar o Pazo do Hórreo, mais tamén se mostrou ilusionado co "novo reto" que ten diante.
Agarimoso saúdo entre a conselleira do Mar saínte, Rosa Quintana, e o portavoz do PP na Cámara, Pedro Pui. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Agarimoso saúdo entre a conselleira do Mar saínte, Rosa Quintana, e o portavoz do PP na Cámara, Pedro Pui. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios