O Museo Provincial de Lugo exporá a obra 'Sibila' de Velázquez de forma temporal

O Museo Provincial de Lugo exporá a obra Sibila de Velázquez do 10 de xuño ao 7 de xullo no marco do proxecto cultural "A arte que conecta" promovido polo Museo do Prado. A data da exposición en Lugo do cadro de Velázquez deuse a coñecer esta mañá na presentación do proxecto, que levará a 18 museos de todo o Estado algunhas das obras mestras da pintura que forman parte das coleccións do Prado. 
O cadro de Velázquez que se poderá ver en Lugo.
photo_camera O cadro de Velázquez que se poderá ver en Lugo.
Comentarios