O Ministerio de Sanidade e as comunidades avalan o fin da máscara en hospitais, farmacias e residencias

O Ministerio de Sanidade e as comunidades acordaron esta tarde pór fin ao uso obrigatorio da máscara en centros sanitarios, residencias e outros estabelecementos como farmacias. Fixérono nunha xuntanza do Consello Interterritorial que decorreu en Madrid, na que a maioría das Administracións convocadas apoiaron unha medida que o Consello de Ministros e Ministras español aprobará en datas próximas. O uso obrigatorio da máscara estará limitado a espazos con pacientes vulnerábeis.
Unha muller colocaunha máscara. (Imaxe: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
photo_camera Unha muller colocaunha máscara. (Imaxe: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
Comentarios