As marchas contra a ultradereita espállanse por Alemaña por un plan para expulsar migrantes

Desde a pasada fin de semana, cada día milleiros de persoas en distintas cidades alemás -hoxe é a quenda de Hamburgo ou Münster- saíron á rúa a manifestarse contra a extrema dereita de Alternativa para Alemaña, segunda forza nas enquisas, ao coñecerse unha reunión de membros da formación con outros grupos ultradereitistas na que se presentou un plan para expulsar millóns de migrantes, até os que teñen nacionalidade alemá.

Manifestación contra a ultradereita a segunda feira en Leizpig. (Foto: Jan Woitas / DPA)
photo_camera Manifestación contra a ultradereita a segunda feira en Leizpig. (Foto: Jan Woitas / DPA)
Comentarios