Manuel Ruiz será candidato ao Senado e afástase da Alcaldía de Ribeira para facilitar que o PP goberne

O alcalde de Ribeira, o popular Manuel Ruiz Rivas, deu un paso atrás esta cuarta feira, a tres días de se constituíren as corporacións locais, co obxectivo de facilitar que o PP poida manter o bastón de mando no municipio. Malia que aínda non hai acordo, cre que a súa renuncia permitirá que se viabilice o pacto cos independentes do PBBI, creado por disidentes do Partido Popular desconformes con Ruiz. Este anuncio prodúcese no mesmo día en que se coñeceron as listas do PP, nas que foi incluído para o Senado.
Alfonso Rueda e Manuel Ruiz, nun acto de campaña.
photo_camera Alfonso Rueda e Manuel Ruiz, nun acto de campaña.
Comentarios