O Ineos, nova confirmación para O Gran Camiño 2024

A antiga Volta Ciclista á Galiza profesional, agora coñecida como O Gran Camiño, conta cunha nova confirmación de cara á súa edición 2024, que botará a rodar o día 22 de febreiro. Trátase do equipo británico Ineos Grenadiers, considerada como un dos máis importantes do pelotón internacional, que chegará a territorio galego coas súas principais estrelas agás o galés Geraint Thomas, gañador do Tour de Francia en 2018. Así, a afección do país terá a oportunidade de seguir de primeira man as evolucións do colombiano Egán Bernal -vencedor do Tour 2019 e do Giro de Italia 2021-, do campión do mundo en 2014 Michał Kwiatkowski ou do prometedor Carlos Rodríguez.  
Egan Bernal, gañador do Giro 2021, correrá O Gran Camiño co Ineos. (Foto: EP).
photo_camera Egan Bernal, gañador do Giro 2021, correrá O Gran Camiño co Ineos. (Foto: EP).
Comentarios