A cifra de persoas falecidas polas inundacións masivas que iniciaron a semana pasada no sur brasileiro elévase a 107

As autoridades do Estado brasileiro de Rio Grande do Sul comunicaron a quinta feira que como mínimo 107 persoas perderon a vida nas inundacións masivas que se desencadearon a pasada semana tras o paso de dous temporais polo sur do Brasil. 136 persoas están desaparecidas e 374 resultaron feridas. Máis de 230.000 persoas tiveron que abandonar as súas vivendas -67.500 de forma definitiva- e 1,4 millóns se viron afectadas.

Persoas rescatadas a cuarta feira nas inundacións no Brasil. (Foto: Claudia Martini / Europa Press / Contacto)
photo_camera Persoas rescatadas a cuarta feira nas inundacións no Brasil. (Foto: Claudia Martini / Europa Press / Contacto)
Comentarios