Francia promulga a reforma que integra o dereito ao aborto na súa Constitución

Hoxe, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Traballadoras, Francia sancionou a reforma para incluír o dereito ao aborto na súa Constitución, aprobada polo lexislativo esta semana, nunha cerimonia pública, seguindo os pasos da República Federativa Socialista de Iugoslavia, que o introduciu na súa Carta Magna en 1974, un punto que mantiveron con posterioridade á súa separación as repúblicas constitutivas.

O Senado francés, unha das dúas Cámaras lexislativas do Estado. (Foto: Alexis Sciard / Europa Press / Contacto)
photo_camera O Senado francés, unha das dúas Cámaras lexislativas do Estado. (Foto: Alexis Sciard / Europa Press / Contacto)
Comentarios