Formoso reivindica a xestión do Goberno español: “Estamos no bo camiño”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a xestión do Goberno do Estado en material laboral, con motivo da mobilización do primeiro de maio en Vigo, á que asistiu xunto a outros dirixentes políticos. “Hoxe é un día de celebración, non é para estar totalmente satisfeitos pero si estamos no bo camiño para recuperar dereitos dos traballadores e das traballadoras”, sentenciou en declaracións á prensa.

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, na manifestación decorrida en Vigo polo 1º de maio. (Foto: Javier Vázquez)
photo_camera Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, na manifestación decorrida en Vigo polo 1º de maio. (Foto: Javier Vázquez)
Comentarios