Redacción
25/out./23 - 21:06
A Fiscalía de Venezuela abre unha investigación por "fraude" nas eleccións primarias da oposición
O fiscal xeral de Venezuela, Tarek William Saab, vén de anunciar a apertura dunha investigación por unha suposta fraude cometida nas eleccións primarias da oposición venezolana, uns comicios dos que saíu vencedora a ex deputada María Corina Machado, inhabilitada por corrupción. "Dar a coñecer cifras falsas de participación nun evento electoral que non é auditábel, sen garantías de seguridade do voto, constitúe unha fraude á Constitución e ao país", sinalou Saab, segundo recolleu a Fiscalía venezolana na rede social X (antes Twitter).