Feixoo volverá á Galiza nunha campaña na que tamén se implicará Mariano Raxoi

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, recorrerá todas as Autonomías do Estado español, segundo avanzou o coordinador xeral do partido e director da campaña electoral, Elías Bendodo. Así, Feixoo recalará de novo na Galiza. Aínda que a súa axenda aínda non está fechada e podería haber variacións nas datas, fontes dos populares sitúan a Feixoo na Galiza arredor do ecuador da campaña. Pola súa parte, Raxoi estará en Pontevedra o día 13, e o 14, en Compostela.

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, compartiu onte mesa, nun almorzo informativo en Madrid, con Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, compartiu onte mesa, nun almorzo informativo en Madrid, con Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Comentarios