Feixoo evita a foto con Baltar na súa visita á Galiza durante a campaña

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, proseguirá esta semana a súa intensa axenda de campaña que o levará a visitar 17 localidades e 10 comunidades autónomas. No seu roteiro, que concluirá o domingo en València, inclúe actos en diferentes municipios da Galiza como Lugo, Pontevedra e Ferrol. Porén, non está previsto que finalmente se desprace até algún dos concellos da circunscrición de Ourense, evitando así ser fotografado canda o presidente da Deputación de Ourense e líder provincial do partido, José Manuel Baltar, envolto na polémica após ser xulgado por un delito contra a seguridade viaria.
Alberto Núñez Feixoo (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
photo_camera Feixoo, o domingo, en Gasteiz. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
Comentarios