Falece Marcial Castro Guerra, alcalde de Santiago de Compostela entre 1981 e 1983

O Concello de Santiago manifestou o seu pesar pola morte de Marcial Castro Guerra, alcalde da capital galega entre os anos 1981 e 1983. Castro Guerra foi o segundo rexedor compostelán tras o final da ditadura. Membro de Unión de Centro Democrático, tomou a substitución de José Antonio Souto Paz -falecido en 2017- tras a dimisión do seu compañeiro de partido en 1981. A etapa na Alcaldía de Castro Guerra terminou dous anos despois, cando o resultado das eleccións municipais de 1983 permitiu ao socialista Xerardo Estévez facerse co bastón de mando grazas ao apoio de UCD.

Marcial Castro Guerra, falecido esta quinta feira (Foto: Concello de Santiago)
photo_camera Marcial Castro Guerra, falecido esta quinta feira (Foto: Concello de Santiago)
Comentarios