A explosión dun cadro eléctrico provoca un incendio nun bar de Ribeira

Os equipos de emerxencias interviron esta madrugada nun incendio nun bar de Aguiño, en Ribeira (Barbanza), ocasionado pola explosión nun cadro eléctrico. Unha persoa tivo que ser atendida in situ ao presentar dificultade respiratoria. Segundo informa o 112-Galiza, ocorreu pouco antes das 3h da mañá, cando un veciño escoitou un estoupido e viu como saía fume do interior do local. Deseguido, o 112 pasou o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Nacional e a Local, alén de Protección Civil e técnicos da empresa subministradora do gas. Tras acabar a intervención e extinguir as chamas, que consumiron o cadro eléctrico, o servizo contra incendios procedeu a ventilar o local para recuperar as condicións de habitabilidade.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Comentarios