Eurostat confirma que a economía da zona euro fica en estancamento

A zona euro evitou finalmente a entrada en recesión técnica, que implica dous trimestres consecutivos de caída da actividade, despois de que no cuarto trimestre a economía se estancase, tras a contracción de 0,1% dos tres meses anteriores, segundo confirmou esta cuarta feira Eurostat. No conxunto da Unión Europea (UE), con todo, a actividade rexistrou un avance de 0,1% no cuarto trimestre, unha décima porcentual máis do previsto inicialmente.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, esta sexta feira (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA).
photo_camera A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, esta sexta feira (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA).
Comentarios