O Estado español ofrece 5,6 millóns para dixitalizar padróns locais

O delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, presentou esta segunda feira as axudas económicas que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática pon a disposición das entidades locais para que dixitalicen o seu padrón, un trámite que deberá ser obrigatorio antes de agosto de 2026. Branco indicou que o importe preasignado polo Goberno para os concellos galegos ascende a 5,6 millóns, sendo as Deputacións provinciais as encargadas de solicitar estas axudas entre os municipios que non superen os 20.000 habitantes –uns 290 na Galiza–, no marco dun proxecto financiado polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia que xestiona o Ministerio.
Pedro Branco (cuarto pola esquerda), esta segunda feira, no Carballiño (comarca homónima). (Foto: Nós Diario)
photo_camera Pedro Branco (cuarto pola esquerda), esta segunda feira, no Carballiño (comarca homónima). (Foto: Nós Diario)
Comentarios