Deputados afíns a Evo Morales acusan o presidente Arce de querer "fechar o Parlamento"

Deputados afíns ao ex presidente de Bolivia Evo Morales acusaron onte o actual mandatario, Luis Arce (MAS), de pretender "fechar o Parlamento" logo de que o Tribunal Constitucional acordase suspender as competencias do presidente do Senado, Andrónico Rodríguez. O senador do MAS Leonardo Loza asegurou que Arce utiliza os xuíces nunha "fase ilegal do seu mandato". Considérao unha "provocación ditatorial" que procede "non só da xudicatura, senón do propio Goberno".
Luis Arce, en primeiro plano, no Amazon Summit do pasado agosto. (Foto: Filipe Bispo / DPA)
photo_camera Luis Arce, en primeiro plano, no Amazon Summit do pasado agosto. (Foto: Filipe Bispo / DPA)
Comentarios