O Concello de Compostela presenta a campaña "O teu machismo dá noxo"

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de Novembro, o Concello de Compostela presentou esta terza feira unha campaña baixo o nome de "O teu machismo dá noxo" que se desenvolverá ao longo deste mes coa intención de reflexionar sobre as formas de violencia machistas. A este respecto, a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, explicou que con esta campaña quérese transmitir que "a sociedade compostelá di non a todo tipo de violencia".
A rexedora Sanmartín, no centro, na presentación da campaña (Foto: Nós Diario).
photo_camera A rexedora Sanmartín, no centro, na presentación da campaña (Foto: Nós Diario).
Comentarios