A CIG cualifica de "golpe de Estado" a sentenza do TSXG que anula o convenio da construción

A CIG denunciou que a anulación do convenio da construción da circunscrición de Pontevedra por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tras a demanda presentada pola patronal estatal supón “un auténtico golpe de Estado” contra os dereitos do persoal do sector e censurou que o empresariado pretenda impor, coa complicidade de CCOO e UXT, un marco estatal que empeora as condicións salariais e laborais. A central sindical nacionalista lamentou que tanto a patronal estatal como os sindicatos CCOO e UXT estean na dinámica de boicotear ou entorpecer as melloras que se obteñen no noso país, intentando impor o que se pacta en Madrid “aínda que supoña unhas condicións miserentas que empobrecen o persoal do sector".
Dous obreiros traballando nunha obra de pavimentación. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
photo_camera Dous obreiros traballando nunha obra de pavimentación. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
Comentarios