Chuvia, vento e grandes ondas. Boa parte da costa galega en alerta amarela

As chuvias poñen en aviso amarelo boa parte do litoral galego por avisos de até 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Ademais, os ventos, con refachos de até 90 quilómetros por hora, tamén terán afectación. Mentres, os fenómenos costeiros porán en risco importante a costa noroeste do país, onde soprarán ventos do suroeste de entre 62 e 74 quilómetros por hora (forza 8). Igualmente, terán risco por fenómenos costeiros, pero de nivel amarelo, as costas suroeste e norte da Galiza, onde os ventos soprarán tamén do suroeste pero con forza 7, de 50 a 61 quilómetros por hora.

Un temporal no pasado mes de decembro deixou ondas de até catro metros de altura. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
photo_camera Un temporal no pasado mes de decembro deixou ondas de até catro metros de altura. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Comentarios