Chaman a doar sangue ante as baixas reservas dos grupos A+, 0+, 0- e B-

As reservas de sangue dos grupos A+, 0+, 0- e B-, atópanse en nivel baixo, polo que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instou á cidadanía para doar. Nun comunicado, ADOS explicou que a metade dos grupos sanguíneos presentan niveis baixos, dous deles, A- e B+, niveis normais e outros dous, AB+ E AB-, presentan un bo nivel de sangue. Así, lembraron que se necesitan aproximadamente 500 doazóns de sangue cada día para poder atender a todos e todas as pacientes que o necesiten. Por iso, poñen ao dispor da poboación dez unidades móbiles para a doazón que percorren diariamente os concellos galegos, e sete locais permanentes de doazón nas principais cidades galegas.

Local de doazón no Hospital Nicolás Peña de Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Local de doazón no Hospital Nicolás Peña de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Comentarios