O BM O Porriño desafía o todopoderoso Bera Bera

O Atlético Guardés e o Balonmán O Porriño disputan este sábado a décimo sexta xornada da Liga Guerreiras ante equipos da zona nobre da táboa. Quen máis difícil o terá para facerse cos puntos será a escuadra porriñesa, pois recibirá na súa casa (19 horas) o todopoderoso Súper Amara Bera Bera de Donosti, campión de oito das últimas once ligas. Con todo, o irregular rendemento -para os seus estándares- das vascas abre as portas da esperanza para as xogadoras galegas. No referente ao Guardés, este tamén actúa como local, no seu caso contra o Aula de Valladolid (17.30 horas), nun duelo directo entre dous bloques que aspiran a consolidarse na parte alta da clasificación.
(Foto: Balonmán O Porriño).
photo_camera (Foto: Balonmán O Porriño).
Comentarios