Avogados de oficio protestan ante o Parlamento galego para reclamar "quendas dignas"

Esta sexta feira un grupo de avogados de oficio levou a cabo unha concentración ante o Parlamento galego en protesta por uns “quendas de oficio dignas”. Nas pancartas que este grupo de avogados portaba podíanse ler lemas como “sen avogados de oficio non hai xustiza gratuíta”. Axentes da Policía Nacional e da Policía Local achegáronse ao lugar pouco despois do inicio da protesta.

Protesta de avogados de oficio esta sexta feira ante o Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta de avogados de oficio esta sexta feira ante o Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Comentarios