Palabras con memoria: nutríndose como se pode

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
As pupias son as migallas ou faragullas de pan que quedan tiradas pola mesa ou polo chan. (Foto: Nós Diario)
photo_camera As pupias son as migallas ou faragullas de pan que quedan tiradas pola mesa ou polo chan. (Foto: Nós Diario)

papello.- Amasada, remexido, mestura de cousas distintas; comida mal amañada.
Lugar de escoita.- Concello da Lama (Pontevedra).
Fonte.- Marcos Seixo.

percia.- Pota pequena onde facer o guiso.
Lugar de escoita.- Corme.
Fonte.- Vocabulario cormelán.
Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme.

pupias.- Migallas ou faragullas de pan que quedan tiradas pola mesa ou polo chan.
Exemplo.- “Nótase que comeche aquí, que tes todo estrado de pupias.”
Lugar de escoita.- Arbo.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

tapiñar.- Comer.
Exemplo.- “Imos tapiñar que se enfría a comida.”
Lugar de escoita.- Peiraio (Cambre).
Fonte.- Carmen Dovigo Varela.

tascar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Comer.
Lugar de escoita.- Soandres e Cerceda.
Fonte.- Fiamma Micaela Silva Candal/CPI O Cruce de Cerceda.

Comentarios