Atopan o cadáver dun home no mar, nas inmediacións do porto de Vigo

O corpo sen vida dun home apareceu flotando contra o mediodía deste domingo nas inmediacións do porto de Vigo, en concreto, no espigón 4, a escasos metros do Auditorio Mar de Vigo. O achado produciuse pasadas as 13 horas. Ao ter coñecemento dos feitos, o 112 Galicia mobilizou medios de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas da Galiza, da Garda Civil, da Policía Nacional, Autonómica e Local, así como Bombeiros e Protección Civil de Vigo. Até o lugar desprazáronse tamén membros da Policía Portuaria e persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia. Os equipos traballaron de maneira coordinada para rescatar o cadáver do mar, sen que trascendesen máis datos obre o suceso.

Servicios de emerxencias durante o rescate de un cadáver no porto de Vigo. (Foto: Europa Press).
photo_camera Servicios de emerxencias durante o rescate de un cadáver no porto de Vigo. (Foto: Europa Press).
Comentarios