Atopados restos arqueolóxicos de orixe romana en Lugo

As obras de peonalización da rúa Ramón y Cajal da cidade de Lugo deixaron ao descuberto varios tramos de muro de cachotería de lousas, restos arqueolóxicos de orixe romana, durante o transcurso dos traballos. Esta situación provocou que os traballos continúen noutra zona "baixo estrito control", segundo o Concello de Lugo, mentres o servizo de arqueoloxía procede á limpeza, estudo e ditaminación da relevancia arqueolóxica dos restos atopados.

Segundo o concello, o proxecto de humanización e peonalización 'Corazón Verde' non se viu "en absoluto afectado", dado que os traballadores e o Concello anticiparon esta situación tras a aparición de hipocaustos romanos -uns cuartos que se quentaban cun sistema no chan- en escavacións anteriores na mesma rúa.

 

photo_camera Restos de muro de orixe romana atopados en Lugo.
Comentarios