ADOS chama a doar ao permanecer baixas as reservas dos grupos A+ e 0- nos hospitais

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realizou un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, ás persoas doadoras dos grupos A+ e 0-. Nun comunicado, a Consellaría de Sanidade explica que as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a través de ADOS.

Unidade móbil para a doazón de sangue. (Foto: ADOS)
photo_camera Unidade móbil para a doazón de sangue. (Foto: ADOS)
Comentarios