Achan desorientado o mozo de 30 anos desaparecido desde a segunda feira no Milladoiro (Ames)

A Garda Civil informou da localización esta cuarta feira de Manuel Lens, o mozo de 30 anos que levaba desaparecido desde a segunda no Milladoiro (Ames, comarca de Santiago). Apareceu desorientado contra as 5.30 horas da madrugada na urbanización Brandía, en Santiago de Compostela, a escasos quilómetros de onde se lle perdera a pista. O mozo, que conta cunha discapacidade, saíra da súa casa na tarde da segunda feira para pasear mais non regresou, polo que a súa familia puxo unha denuncia ante a Garda Civil. Esta terza despregouse pola contorna do seu domicilio un dispositivo de procura que se estendía tamén cara á zona de Brión.
Manuel Lens, o mozo desaparecido.
photo_camera Manuel Lens, o mozo desaparecido.
Comentarios