Xogos Olímpicos

A viguesa Ester Navarrete correndo a media maratón do Europeo de Roma, onde foi bronce por equipos. (Foto: Sportmedia)
Entrevista | París 2024

Ester Navarrete, a enfermeira que colgou a bata para arrasar na maratón e preparar os primeiros Xogos: "Tardei en asimilalo"

Poucos exemplos hai no deporte de alto nivel como o de Ester Navarrete (Vigo, 1990), que debutou nunha maratón gañando, logrando a mínima olímpica e asinando a segunda mellor marca estatal da historia e mellor da Galiza. A viguesa, que foi nai en 2021, demostra que non ten teito e aspira a seguir facendo historia nos seus primeiros Xogos Olímpicos, en París.
De esquerda a dereita, Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela, no seu K4. (Foto: RFEP)
Entrevista | París 2024

Carolina García, a biomédica que loitará por unha medalla olímpica: "Ás veces non sei de onde saco as forzas"

O de Carolina García (Pontevedra, 1999) é un caso fóra do común: non sabe ben como, pero consigue sacar tempo para adestrar ao máis alto nivel no piragüismo e estudar Biomedicina e Neurociencia. Ambición non lle falta, pois confía en lograr unha medalla en París e xa se ve cunha carreira investigadora dentro duns anos.
Así sería a deportista olímpica perfecta.
star
A Guía de París 2024

Corpus olímpico: calidades únicas en deportistas míticos

Resulta evidente que neste corpo olímpico formado por algúns dos mellores deportistas da historia ben poderían incorporarse outros con méritos abondo como para formar parte da reducida listaxe. Foi necesario decidir as que sairían nas páxinas, aínda que foi complicado desbotar a nomes de enorme valía. Quixemos ofrecer certa variedade xeográfica nas nosas protagonistas e incorporar o maior número de deportes posíbeis dentro do concepto que se manexou para salientar aspectos específicos deses corpos que son quen de realizar proezas deportivas.
Eliud Kipchoge, Armand Duplantis, Simone Biles, Teresa Abelleira, León Marchand e Breanna Stewart. (Fotos: Europa Press)
star
A Guía de París 2024

As imperdíbeis de París 2024: 26 deportistas e eventos a seguir na cita olímpica deste verán

Vindo dos Xogos Olímpicos más tecnolóxicos da historia, París tiña un gran reto por diante. O obxectivo era ser a edición con maior igualdade entre xéneros, e o conseguiu, pois moitas delegacións como a do Estado español (e tamén é o caso da Galiza) levarán máis deportistas féminas que masculinos. Na cidade do amor, como é comunmente coñecida, acontecerá de todo. Algunhas estrelas do deporte apagaranse para sempre tras o evento; outras, ilimunaranse máis que nunca. Unhas datas sen igual nas que non podes perder nada, e grazas a estas páxinas así será. Por un París 2024 diferente, rompedor e transgresor.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Ana Peleteiro-Compaoré, Adrián Ben, Belén Toimil, Yulenmis Aguilar, Tariku Novales, Ester Navarrete, Antía Chamosa, Teresa Portela, Carolina García, Carlos Arévalo Rodrigo Germade, Antía Jácome, Pablo Crespo, Manuel Ochoa, Caetano Horta, Rodrigo Conde, Támara Echegoyen, Enmanuel Reyes Pla, Antonio Serrat, Julia Benedetti, Teresa Abelleira, Rodrigo Corrales, Alicia Fernández, María Araújo, Paula Ginzo e Nikoloz Sherazadishvili.
star
A Guía de París 2024

París 2024, oportunidade histórica para Galiza: o perfil das 26 atletas olímpicas

A cita olímpica francesa contará coa presenza galega máis multitudinaria de sempre. O piragüismo e o atletismo son as modalidades con máis representantes e opcións de medalla. As seleccións españolas de equipo, coma o fútbol o balonmán ou o baloncesto, tamén contarán con deportistas de Galiza. E Támara Echegoyen será unha das abandeiradas na cita inaugural.
A ximnasta Marta Bobo, quen rematou novena nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984. (Foto: recuperada o 12/07/2024 das Cartografías (Consello da Cultura Galega)
star
A Guía de París 2024

Os grandes fitos da historia da Galiza nos Xogos Olímpicos

En París 2024 máis dunha vintena de deportistas galegos e galegas teñen asegurada a súa competición, pero a presenza da Galiza na prestixiosa cita remóntase a Amberes 1920, ano no que se estreou o palmarés galego grazas á medalla de prata lograda pola selección estatal de fútbol na que destacaron os nomes de Moncho Gil, Luís Otero e Ramón González.
O campeão olímpico de remo Stéfanos Duskos transportando a tocha na antiga Olímpia o pasado abril. (Foto: Socrates Baltagiannis / DPA via Europa Press)
star
A Guía de París 2024

Jogos de desporto e diplomacia

A Rússia e a Bielorrússia são os únicos países excluídos dos Jogos Olímpicos de Paris devido ao conflito na Ucrânia. No entanto, Israel poderá participar apesar da invasão de Gaza. Esta dupla moral não tem nada de original historicamente, como também não é novo o protagonismo da política nas Olimpíadas. O desporto é um fato social que sintetiza as contradições à sua volta e o olimpismo não é alheio a isto.
Cerimonia de apertura dos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020. (Foto: Bob Martin / OIS via PA Wire / DPA via Europa Press)
star
A Guía de París 2024

A eclosión do deporte adaptado: o camiño cara á profesionalización dos Xogos Paralímpicos

O deporte paralímpico comezou como unha terapia para veteranos de guerra e acabou derivando nunha competición que, edición tras edición, vai gañando en recursos, seguimento e visibilidade.
Caetano Horta (á esquerda), con Dennis Carracedo. (Foto: FER)
Entrevista | París 2024

Caetano Horta, remeiro: "Imos a París con ganas de todo e o único obxectivo de volver cunha medalla"

A pesar da súa curta idade, Caetano Horta (Noia, 2003) disputará en París os seus segundos Xogos Olímpicos. Estreouse con só 18 anos en Toquio e regresou cun diploma olímpico. Agora, da man do catalán Dennis Carracedo, o remeiro noiés aspira a subir ao máis alto do podio.
A regatista Tamara Echegoyen. (Foto: Europa Press)
Entrevista | París 2024

Támara Echegoyen, primeira medallista olímpica galega: "Cando estás no alto do podio non sabes se rir ou chorar"

Ourense non ten porto de mar, pero aí naceu en 1984 a regatista Támara Echegoyen, que en Londres 2012 esnaquizou xunto coas coruñesa Sofía Toro e a asturiana Pumariega un histórico teito de cristal gañando unha medalla de ouro que fixo dela unha lenda vivinte do deporte galego.
A pontevedresa Antía Chamosa no Mundial de Marcha de Turquía, onde conseguiu o bronce por equipos. (Foto: Cedida)
Entrevista | París 2024

Antía Chamosa, marchadora: "É un soño cumprido ir aos Xogos, voume sorprendendo ano tras ano"

A carreira de Antía Chamosa (Pontevedra, 1999) parece non ter teito. Este ano bateu dous novos récords galegos en 10 km e 20 km logrando unha prata no Estatal, no primeiro caso, e un bronce por equipos na Copa do Mundo, no segundo. Uns rexistros que lle valeron o billete a París para a nova proba de remuda mixta de marcha.
O boxeador Enmanuel Reyes Pla púxose o alcume de 'O Profeta' en homenaxe á súa avoa materna. (Foto: RFEBox vía Europa Press)
Entrevista | París 2024

Enmanuel Reyes Pla, boxeador: "O meu obxectivo é o ouro en París, é para o que levo anos traballando"

Os de París serán os segundos Xogos Olímpicos para o boxeador Enmanuel Reyes Pla (A Habana, 1991), cubano de nacemento e coruñés de 'adopción'. O seu único obxectivo é lograr a medalla que se lle escapou en Toquio cando foi eliminado polo campión olímpico en cuartos nun combate decidido aos puntos.
Unha lesión de xeonllo obrigouna a colgar as botas tres anos despois de alcanzar a gloria nos Xogos. (Foto: Nós Diario).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Begoña Fernández: "O que conta dos Xogos é abrir esa porta para as máis novas"

O nome de Begoña Fernández (Vigo, 1980) era sinónimo de liderado cando saltaba á pista de balonmán, pero tamén o é a día de hoxe no seu traballo de auxiliar de enfermería, no que emprega os valores e coñecementos que adquiriu ao longo dunha traxectoria deportiva que tocou teito coa medalla de bronce en Londres '12.
Unha das reportaxes que integran a Guía dos Xogos Olímpicos de 'Nós Diario'.
París 2024

A Guía definitiva dos Xogos Olímpicos, con 'Nós Diario'

Os Xogos Olímpicos de París comezarán oficialmente o vindeiro 26 de xullo. Será a cita con maior representación galega, unha trintena de atletas que aspiran a superar as seis medallas conseguidas en Toquio. E para coñecer todas as chaves destas Olimpíadas 'Nós Diario' entregará o sábado 20 a Guía definitiva sobre o evento. Resérvaa xa no teu quiosque para non quedar sen ela!
A gañadora do primeiro metal para a Galiza, coa 'Historia inacabada do deporte galego' de Nós Diario. (Foto: Arxina).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Sofía Toro: "O deporte sitúate no teu lugar, ninguén gaña sempre"

O nome da coruñesa Sofía Toro (1990) forma parte do acervo deportivo común dos e das galegas por ser a primeira muller -honra que compartiu coa ourensá Támara Echegoyen- en gañar unha medalla olímpica, un ouro en vela nos Xogos disputados en Londres no ano 2012.
Á esquerda, o moañés Rodrigo Conde; á dereita, o seu compañeiro no dobre scull, o catalán Aleix García. (Foto: Aina Prats)
Entrevista | París 2024

Rodrigo Conde, o remeiro que renunciou a uns Xogos para volver máis forte: "Non vía o dano que me facía até que pensei en deixalo"

O remeiro Rodrigo Conde (Moaña, 1997) renunciou aos Xogos Olímpicos de Toquio polas dificultades, físicas e psicolóxicas, para manter o peso requirido para competir no dobre scull lixeiro. Agora terá unha nova oportunidade en París, onde chega co aval dunha prata no Europeo deste ano en Szeged (Hungría) e un bronce na Copa do Mundo de Lucerna (Suíza), agora loitando na categoría absoluta da man do catalán Aleix García.
Marta Bobo, co seu exemplar da 'Historia inacabada do deporte galego' de Nós Diario. (Foto: Vitoria Durán).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Marta Bobo: "O minuto e medio da cinta nos Xogos foi o máis longo da miña vida"

Marta Bobo (Ourense, 1966) é historia viva do deporte galego. Ximnasta rítmica, con apenas 18 anos converteuse en 1984 na primeira muller galega en participar nuns Xogos Olímpicos, onde as malas artes da organización estadounidense impedíronlle volver cunha medalla colgada do pescozo.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Ester Navarrete, Tariku Novales, Antía Chamosa, Adrián Ben, Belén Toimil, Ana Peleteiro e Yulenmis Aguilar. (Fotos: RFEA | Europa Press)
París 2024

Aguilar, Ben, Chamosa, Navarrete, Novales, Peleteiro e Toimil: a representación galega no atletismo olímpico

A Federación de Atletismo confirma a presenza en París de 57 atletas, das que sete son galegas.
O padexeiro Manu Ochoa, na Copa do Mundo de Praga. (Foto: RFEP)
Entrevista | París 2024

Manu Ochoa: "O momento é bo, cunha boa preparación agardo estar na parte de arriba da táboa"

O padexeiro Manu Ochoa (Tomiño, 1998) será o único representante galego en París dunha modalidade de piragüismo que se estrea nestes Xogos, o kayak cross. A Federación de Piragüismo elixiuno esta segunda feira para ocupar a praza que el lograra na Copa do Mundo de Praga, onde se fixo co ouro.
O tomiñés Manu Ochoa, no centro, após vencer na Copa do Mundo de Praga na modalidade de kayak cross. (Foto: RFEP)
XXOO París 2024

O tomiñés Manu Ochoa estará nos Xogos de París

Foi o elixido pola Federación Española de Piragüismo para participar na nova modalidade de kayak cross após lograr a praza no preolímpico de Praga.