MEMORIA E HISTORIA
A Poza das Ras manterá viva a memoria dos catro republicanos asasinados en Verea en agosto de 1936
03/set./23
José Antonio Valado, alcalde de Verea, anunciou que xa se iniciaron os trámites da solicitude, ao Ministerio da Presidencia e ao abeiro da Lei estatal 20/2022, da declaración da Poza das Ras como Lugar de Memoria.